O xa internacionalmente recoñecido Arturo Álvarez dedicounos uns minutos na súa empresa para falar sobre a súa compañía, os seus proxectos, ademáis de facernos pasar un bo intre entre bastidores no seu taller ás aforas de Santiago.
Arturo ÁlvarezPedro Jerez | Outubro 2007 |
O xa internacionalmente recoñecido Arturo Álvarez dedicounos uns minutos na súa empresa para falar sobre a súa compañía, os seus proxectos, ademáis de facernos pasar un bo intre entre bastidores no seu taller ás aforas de Santiago.
Avantcraft. InauguraciónJuanma Lodo | Outubro 2007 |
Dentro dunha antiga capela toda pintada de branco, o chan cuberto de area. A través de pequenos buracos e en vitrinas expóñense os obxectos de artesanía. Cerámica, vidro, tecidos, peles…
Avantcraft. Entrevista vaixela NaoHal | Outubro 2007 |
Dous dos integrantes de Proxecto-ds, Danny Goyanes e Anxo López, participaron no proxecto Avantcraft mediante o deseño dunha vaixela. A vaixela chámase “Nao” e está composta de prato fondo, prato chan e xogo de café. “Nao” está inspirada na idea de movemento e forza do oceáno Atlántico, seguindo as pautas conceptuais do proxecto Avantcraft. A […]
Chámome AnxoAnxo López | Outubro 2007 |
Chámome Anxo. Teño 23 anos e non sei cando comezou todo esto. Non lembro cando foi a primeira vez que collín un papel para contarlle os demáis cousas que me interesaban. Lembro que xa o facía de neno, por aquel entón editaba revistas con artigos fotocopiados. Logo comecei a escribir os meus propios artigos na […]
ProxectosPedro Jerez | Outubro 2007 |
Quizá sexa un pouco típico, e ata pareza un recurso fácil, empezar un espazo en Internet falando da propia Rede. A verdade é que un sempre quere deixar claras as súas intencións desde o principio xa sexa mediante un manifesto impreso a dúas carillas ou recorrendo aos tan televisivos vídeos con fondo estilo AK-47. Pode […]
Avantcraft. Novos aires dende o AtlánticoAnxo López | Outubro 2007 |
Avantcraft é o acrónimo dun proxecto europeo titulado “Novos deseñadores, novas formas, novos modos, novos tempos para a cultura Atlántica”. O proxecto nado no ano 2005 con vocación transnacional, implica a catro países atlánticos co fin de procurar conxuntamente o fortalecemento da identidade común destas áreas, mediante a creatividade, a innovación e a comunicación. Dende […]