Ana María L&0acute;pez
Blogaliza
Blusens
CentrAD
cGac
Chica de canela
Chuza!
Códico cero
Cubala
Cultura Galega
desConcierto
Dolores Couceiro
Efí por Juanjo Seixas
Escoitar.org
ESDEMGA
Fundación MMO
Gala González
Igalia
Iván R Ilustración
La nevera 61
Letrag
MARCO Vigo
Microsiervos
Miguel Conde Lobato
Moderno de merda por Gustavo Harvey web
Juan Freire
Ni&ntil;o y pistola
Permuy Asociados
Radio Oceánica
Sinsal
Sono-Tone
Tradutor OpenTrad Apertium
Universidade da Coru&ntil;a
Universidade de Santiago
Universidade de Vigo
Velneo
Vieiros
Inicio
Galego | Español

  • Moda na rúa

  • Staff
  • Proxecto-ds vía mail, ¡gratis!


  • Busca, busca...





Hai máis dun ano tiven que marchar a rematar a carreira a Madrid. Agora volto a Galicia, coa carreira rematada porque o destino e o traballo me brinda a oportunidade de desenvolver a miña profesión nesta miña terra. Unha sorte nos tempos que corren. Volto tamén a escribir despois de meses sen facelo, a mesma historia de sempre. Pero si, volto a escribir coa ilusión coa que empezamos. Arestora vese tan lonxe o ano 2005…

Algo máis de un ano, non é unha ausencia excesivamente prolongada, pero a min ségueme a parecer que todo continúa como estaba. Dende aquí seguimos coa ilusión de coñecer, de descubrir, de colaborar, de propoñer, … Permitídeme, sen querer ser pretencioso, de modernizar.

Paréceme que todo o traballo, as persoas e as experiencias vividas por este colectivo durante este tempo se diluisen constantemente, unha vez tras outra, o igual que as nosas pasadas webs se perderon no efímero contexto que xenera internet.

Hoxe volto, como voltei outras veces no pasado, volto con cambios porque é unha volta á terra e porque todavía quedan moitas cousas por contar. Pero o certo é que segue a ser tan difícil como nos comezos descubrir, atopar e contactar coa xente que como nós está a aportar o seu gran de area a sociedade, mediante o seu traballo, os seus pensamentos, as súas creacións, … Dende aquí ou dende calquera lado.

Non lembro xa as exposicións, charlas, concertos, conferencias, etc. das que demos conta en Proxecto-ds. Serviunos para coñecer a moita xente, moita xente interesante, xente que co seu facer cotián aportan algo ás nosas vidas. Txiki, Zimmer, Carlos (Mourente), Ascárida, Chiu, Berto e toda a xente de Escoitar.org, Noel, Francisca, Juan Carlos, Arturo Álvarez, a xente de Dot, Besbe, Ghanito … e tantos outros.

Pero o certo é que todavía hai un mundo de cousas interesantes por descubrir. Apoveitome e ilustro este texto cun vídeo da axencia coruñesa BAP & Conde, aínda que penso que ninguén queda por velo, o que posiblemente si sexa descoñecido é a súa autoría, que si será novidosa para moitos. Exemplos como iste ilustran as persoas que viven preto de nós e que fan cousas que nos chegan, que nos conectan coa sociedade, en definitiva, que nos moven cara adiante.

Por último, quero invitar a todos e todas os que estean a traballar en calquer proxecto en que nolo fagan saber. Este é o colectivo de todos, todos somos un pouco proxecto de seña na nosa cotidaneidade. Escribe a: info@proxectods.org Queremos saber de ti!