O proxecto-ds, abreviatura de proxecto de seña, é un colectivo creativo que se move entre a contemporaneidade e as señas de identidade. Aportando o seu pequeno grao de area para a construcción dunha sociedade galega moderna.
Un dos principais obxetivos do Proxecto-ds, é o apoio a iniciativas e proxectos relacionadas cos ambitos da innovación e a creación. Principalmente no ámbito galego pero tamén alén deste, se as circunstancias o requiren, sempre temos as portas abertas a calquera proposta.
Non só nos centramos no apoio a iniciativas ou proxectos de terceiros, tamén temos aberta unha liña de desenvolvemento propia. Comeza coa divulgación como base, pero non so nos centramos na comunicación, se non que non perdemos oportunidade de aportar as nosas ideas en diferentes eidos do mundo da creatividade e na sociedade.
Proxectos como: Podgalego, E-music ou Conecta-ds foron creados é impulsados dende o seo do colectivo creativo. Tamén participamos en accións sociais como o encontro sectorial “Creación na rede” ou o “Foro Cidade da Cultura de Galicia”. Actualmente estamos a traballar tamén nunha liña de deseño de producto.

